Preferencias privacidad

Gestión de consentimientos

Cookies utilizadasObligatorio

Obligatorias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento del sitio web y no pueden ser desactivadas en nuestros sistemas. En general, sólo se establecen en respuesta a acciones realizadas por usted que equivalen a una solicitud de servicios, como establecer sus preferencias de privacidad, iniciar sesión o rellenar formularios.

Cookies utilizadas Obligatorio

PHPSESSID, Apa_MaristasonlineCookieAnalitycs, Apa_MaristasonlineCookie

Analíticas

Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio.

Cookies utilizadas

_ga,_gid,_gat,
_ga,_gid,_gat,
Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Preferencias de privacidad" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies.
Contacto
apamar.maristasourense@gmail.com
Buscar

Medrar en igualdade

Medrar en igualdade
12/11/2024
admin

ESCOLA DE IGUALDADE PARA FAMILIAS ONLINE



Durante o mes de novembro as alumnas e alumnos do Colexio Marista Santa María están a traballar arredor do 25N, o día internacional da eliminación das violencias contra as mulleres, desenvolvendo actividades lúdicas e participativas que lles axuden poñerse os lentes violetas. Estes lentes axúdannos a identificar desigualdades e estereotipos de xénero, e a entender que estas ideas preconcebidas non deben limitarnos.

O ámbito familiar é un dos espazos que máis condiciona as vivencias da rapazada. Nel tamén hai desigualdades, machismos e microviolencias, a mayoría das veces inconscientes. Para facilitar o traballo conxunto a ANPA do centro está a organizar a Escola de Igualdade para Familias. Esta busca animar a pais, nais e outras persoas adultas significativas na vida das alumnas e alumnos a reflexionar en torno a todas as cuestións que se traballan de xeito paralelo coa rapazada.  Con esta finalidade propoñemos 2 actividades online, agardando que este formato facilite a asistencia e a conciliación:


Medrar en igualdade: desenvolvemento, estereotipos de xénero e estratexias para unha educación igualitaria.

Luns 18 de novembro

19:00 - 20:00 

Este obradoiro busca afondar no desenvolvemento da infancia e a rapazada para entender como se vai manifestando a identidade de xénero, a orientación afectivo-sexual e especialmente como impactan os roles e estereotipos de xénero ao longo do desenvolvemento. Procuraremos coas persoas asistentes estratexias para unha educación familiar máis igualitaria e libre de estereotipos. 


Medrar en bo trato: Comunicación Non Violenta para familias

Martes 26 de novembro 

19:00 - 20:00

Cultivar un ambiente emocionalmente seguro e receptivo no fogar, fortalece os lazos familiares e promove o bo trato, elementos crave para previr a violencia de xénero. Desenvolver patróns de Comunicación Non Violenta na familia proporciona ás crianzas habilidades para a expresión emocional, a xestión positiva e non violenta do conflito e para o establecemento de límites nas relacións persoais, elementos que na adolescencia constituirán piares para iniciarse nas relacións afectivo-sexuais dende o bo trato. Traballaremos todas estas cuestións e proporcionaremos tamén estratexias para educar as nenas e nenos no consenso, como factor protector ante as violencias sexuais e de xénero tanto na infancia como na adolescencia. Achegarase tamén ás familias os protocolos presentes na Guía de actuación ante casos de violencia de género en el ámbito educativo (Xunta de Galicia, 2019).



Inscrición aos obradoiros

Para participar dos mesmos será necesario realizar a inscrición a través do formulario, o mesmo día do obradoiro recibirás un mail co elace á plataforma dende a que realizaremos a sesión. Tanto se te conectas dende o ordenador como se o fas dende o móbil non pecisarás instalar nada para poder participar, pero ten en conta que o manexo dende o PC será moito máis cómodo.

Se ao realizar a inscrición tes algunha dificultade podes poñerte en contacto con Aventeira, a entidade organizadora, a través do correo electrónico lentes.violetas@aventeira.com ou do teléfono 722 349 483.



Formulario: https://forms.gle/ijBH8FtytTwC6xJ59

Se queredes mencionarnos en RRSS as nosas contas son as seguintes:

IG:   @aventeira.coop 

FB: @AventeiraCoop



Comentarios noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario